AC Cidade Vella

cropped-logo-cidade-vellaA ASOCIACIÓN CULTURAL CIDADE VELLA é unha asociación que reune locais de hostelería da zona vella compostelana cun compromiso claro coa cultura e coa cidade, dende fai case 30 anos.

A aposta pola singularidade, pola diversidade, pola creatividade, polo propio e polo alleo, pola xente e pola festa son os ingredentes recollidos paseniño ao longo destes anos.

Apostamos por unha cultura sostible… para facer do talento creativo da cidade motor de transformación.

Queremos unha cidade viva… para disfrutar de experiencias singulares e participativas nun entorno único.

Apostamos por procesos colaborativos… ideas e paixón para desenvolver proxectos innovadores e libres cunha comunidade activa, orgullosa e implicada na transformación social.

Temos vontade transformadora… para facer da cidade vella un lugar de vida singular; un lugar único no que asentar novas posibilidades de desenvovemento baseadas na vitalidade social, económica e cultural.

Facemos un traballo singular: unha hostelería próxima, creativa, honesta e profesional.

A Asociación Cultural Cidade Vella actualmente somos:

 accidadevella