cópia de WSB Samesugas 1

Samesugas & Willy Succo Brother

GARAGE – PUNK – ROCK’N’ROLL

Os Samesugas levan 20 anos en activo. Durante todo este tempo as súas músicas foron editadas em diferentes discos ou compilatorios en Galiza, Argentina, Alemaña, Xapón ou Finlandia. Percorreron a xeografia galega e fixeron múltiples xiras por Portugal, Euskadi e resto da Península Ibérica ademais dalgunha escapada ao Norte dos Pirineos.

Alleos a modas e poses, os Samesugas levan 20 anos a tocar rock’n’roll e fieis aos princípios do punk, aqueles de “faino ti mesmo”. Os seus membros foron criados no hardcore underground dos ’90 e iso marca para toda a vida.

Para celebrar o aniversario, este ano editaron un single con Willy Succo Brother, vello camarada do rock’n’roll con quen xa tiñan colaborado nos seus inicios. Proximamente lanzarán un disco de rarezas cun feixe de músicas perdidas en edicións pequenas ou que non chegaron a editarse. De seguido entrarán no estudio para gravar un novo album.