compañiadoruido

A Compañía do Ruído

FOLK / TRADICIONAL

‘A Compañía do Ruído’ é unha banda galega que nace no ano 2002. Con máis dunha década de historia ás súas costas, conta con seis discos no seu haber. Actualmente está traballando na consecución do proxecto musical “O Punchi must go on”.

“A Compañía” está integrada por cinco persoas con diferentes traxectorias musicais que dan vida a unha orixinal mestura de estilos. Música, baile, retranca, divertimento e ritmo son os eixes principais do espectáculo.

Destaca a súa musicalidade á hora de combinar a música, o baile, e a instrumentación tradicional galega cos distintos folklores do mundo. Unha recolleita de elementos de cada cultura, que nos transportará a unha viaxe musical irrepetible, partindo dende Galicia con paradas en Irlanda, África, a Península Balcánica, e o Centro e Sur de América, entre outros.

A selección da instrumentación proporciónalle unha cor e un son únicos que farán voar distintas melodías e ritmos, sempre co punchi punchi como máxima expresión.