184_A-Nice-Pair-P

A Nice Pair

POP, ROCK PROGRESIVO

Dúo acústico de versións integrado por Gonzalo Sende (Contrastes, Amordiscos, Los Fabulosos Weekend) e Alfonso Espiño (Espiño, Los Fabulosos Weekend, Los Chavales, Contrastes, Mega Purple Sex Toy Kit, Linces Pop).

Ao calor das súas guitarras acústicas e voces, Sende e Espiño interpretan clásicos de Simon & Garfunkel, The Beatles, The Rolling Stones, The Small Faces, Tomorrow, Keith West, Pink Floyd, Os Mutantes, The Kinks ou The Who. O dúo formouse en Santiago en 1991 baixo o nome de Two of Us, que cambiaron por A Nice Pair recentemente debido á existencia de unha certa cantidade de dúos que ostentaban a mesma denominación.

A súa especialidade son as armonías vocais a dúas voces e o seu hábitat natural os pubs do casco histórico compostelán.