Aparato

soul, electrónica

Aparato é unha viaxe retro-futurista, unha fusión entre as texturas magnéticas e envolventes dos sintetizadores analóxicos co control, o hipnotismo e a plasticidade dos procesos dixitais, á procura de novas sonoridades e voz propias. Un laboratorio musical enriba do escenario, un novo universo sonoro, o risco da experimentación, a improvisación con suxerentes melodías vocais.

Aparato - Feito a Man 2023