A.Nota 2018, Teatro Ipanema, Rio de Janeiro. Foto: Rogério von Krüger

Arthus Fochi

MÚSICA BRASILEIRA, ROCK, JAZZ

Arthus Fochi é un compositor, poeta, cantante e investigador. Traballa no desenrolo e no intercambio cultural entre diferentes países de Sudamérica.

Na súa primeira vez en Santiago de Compostela, mostra o seu concerto “Ano Sabático” no festival Feito a Man. Unha mestura entre ritmos e paisaxes da América do Sur española, e Brasil. Arthus Fochi tocará co produtor musical e pianista Guilherme Marques nos teclados e o sintetizador de baixo.