bakin

Bakin’ Blues Band

 

BLUES

A Bakin’ naceu en 2008 en Santiago de Compostela e consolidouse nos diferentes clubs da cidade até participar en festivais de toda a Península. Neste tempo a banda compartiu escena con músicos de blues e soul recoñecidos internacionalmente como Barbara Lynn, Bonney Fields, Little Mike & The Tornadoes ou Greg Izor.

Ten publicados dous EPs: ‘Jumpin’ in a deep blue sea’ (2013) e ‘It’s always party time at home’ (2014), ademais de ‘Ten long years’, polo seu décimo aniversario . Foron banda residente no DadoDadá Jazz Club e agora no FraggleRock, ambas os dous na cidade que os viu nacer. O poderío desta formación estriba precisamente na potencia duns directos que colleitaron xa un público consolidado que goza escoitando esta enérxica mestura de blues de Chicago, rumba, soul e boogiewoogie.

As influencias da banda, formada actualmente por Javi Turnes (guitarra e voz), Tato Vázquez (guitarra), Ale Casquero (teclados), Lucas Fernández (batería) e Fran Sanz (baixo), abranguen un amplo espectro sonoro que vai dende o blues de Chicago até o shuffle de Lowell Fulsom, sen esquencer os grandes mestres coma Muddy Waters, Howlin’ Wolf ou Little Walter. Ademáis do espírito da música que lle dá nome e a través dela, a Bakin’ pretende transmitir valores de fraternidade e humildade fronte a un mundo cada vez máis deshumanizado. Bakin’ Blues Band fundouse en Santiago de Compostela en 2008 por Turnes, Tato, Bibi Prieto (baixo) e Fran Facal (batería), e por ela pasaron infinidade de músicos nunha sorte de John Mayall’s Bluesbrakers á galega.