cópia de PHOTO-2020-07-22-11-26-28

Bird Lives!

JAZZ

Esta formación créase para conmemorar o centenario do nacemento do xigante do jazz Charlie “Bird” Parker. A súa influencia artística está presente aínda nos nosos tempos e todo artista de jazz ten unha grande débeda con este revolucionario da improvisación e renovador da linguaxe do jazz.

A iniciativa deste concerto parte do saxofonista Pablo Sax. Para homenaxear a Parker, súmanse outros dous saxofonistas: Pablo Añón e Pablo Castaño. A sección rítmica está composta por Marcos Pin (guitarra), Alejandro Vargas (piano), Yudit Almeida (contrabaixo) e Ana Sanabria (batería).

O repertorio basearase na música orixinal do homenaxeado, con temas como: Confirmation, Segment, Donna Lee, Scrapple from the Apple, Quasimodo, Blues for Alice, Anthropology… entre outros moitos do gran legado deste magnífico do jazz.