Nadador@s Felices

Blanca Cendán & Suso Alonso, “Música para nadador@s felices”

JAZZ, POP

“Música para nadador@s felices” é un proxecto para realizar en espazos relacionados coa auga. Piscinas interiores, exteriores, Balnearios ou pequenas praias na costa. Con este espectáculo pretende dar unha visión novidosa e lúdica aos espazos habituais de exercicio na auga, a través da música e o teatro. “Música para nadador@s felices” pretende integrar os nadadores das piscinas dentro do espectáculo a modo de figurantes nadador@s que axuden a conformar esa visión coreográfica musical e visual do evento. As músicas que interpretarán terán relación ca temporada estival e a auga e o mar como elementos fundamentais. Cancións coma “Summertime”, “Sapore di Sale”, “Torna Sorrento”, “Puente a Mallorca”, “Acqua e Sale”… formarán parte do seu repertorio entre outras. Participan na montaxe Virxinia Barros na Dirección Artística e Ramón Bermejo na Dirección Vogal.

O elenco está formado por Suso Alonso, pianista e actor que ten acadado premios coma os María Casares de Música para teatro e nominacións aos Martín Codax da Música; e Blanca Cendán, actriz de Teatro, cine e T.V. , que foi Directora do Centro Dramático Galego do 2010 ó 2012.