Foto cachas&cousins

Cachas&Cousins

REGGAE, SKA

 

Cachas&Cousins é unha banda de rocksteady, R&B e soul xamaicano formada en Santiago de Compostela no ano 2014. No seu repertorio contan con clásicos da música xamaicana dos anos 60, cos cales transmiten a súa paixón polo ska e o rocksteady, imprimindo nas actuacións o máximo respecto polas raíces do estilo e buscando un coidado son que se asemelle ao utilizado por grupos da época, con un mimado e enérxico directo que non deixa indiferente a ninguén, apto para tódolos públicos.

Nestos anos percorreron a xeografía galega participando en festivais tales como o Outono Codax, Feito a Man, Festival Rúas Vivas de Noia, Ska All Night en Vigo ou Circuíto Paseantes de Pontevedra.

 

https://youtu.be/Fnti6Dp0TVQ
www.facebook.com/cachasandcousins