cuarteto ecos2019

Cuarteto de Guitarras “Ecos”

CONTEMPORÁNEA, DE RAÍZ

Formado por Miguel Ángel Dotto, Fernando Stern, Adrián de Rosa e David Bajdá, o Cuarteto de Guitarras Ecos conta con doce anos de traxectoria, compartindo as súas interpretacións en diversos Ciclos e Festivais de Música de cámara en variadas salas do seu país e do estranxeiro.

Nos seus concertos, pódese escoitar un extenso repertorio composto por obras orixinais para catro guitarras e arranxos realizados polos seus integrantes.

Participaron consecutivamente no “Festival Internacional Música Clásica por los caminos del vino” (2007 – 2018), e na XIV e XIX edición do “Festival Guitarras del Mundo” (2008 e 2013). Tamén se destaca a participación como solistas xunto á Orquesta Filarmónica de Mendoza no Teatro Independencia baixo a dirección da Maestra Ligia Amadio (2010) e baixo a dirección de Luis Belforte (2013) e, recentemente, no 2019, interpretan o Concierto Andaluz baixo a dirección do mestre César Iván Lara.

En decembro de 2010, finalizan a gravación do seu primeiro traballo discográfico en Fader Records. Este primeiro traballo titulado “Poker de Ases”, mostra un variado repertorio de música contemporánea de raíz folklórica latinoamericana.

En setembro do 2011, son finalistas na categoría Música de Cámara do “XI Concurso Bienal Juvenil 2011 – 2012” organizada por Shell Argentina e a Asociación Festivales Musicales de Buenos Aires.

En setembro de 2012, son convocados por Radio Nacional Clásica (Buenos Aires), para o festexo dos trinta anos do programa radial “De Segovia a Yupanqui” un dos programas guitarrísticos de maior permanencia nun medio de comunicación radial a nivel internacional, baixo a condución de Sebastián Dominguez e Fabio Caputo Rey.

No ano 2016, gravan o seu segundo disco titulado “Entre selvas y llanos”, o cal presenta obras latinoamericanas de compositores arxentinos: Jorge Cardoso, Leopoldo “Polo” Martí e as xeniais catro estaciones porteñas de Astor Piazzolla.

En xullo de 2017, viaxan a Cuba para preparar o seu terceiro disco, o cal reunirá a obra completa para cuarteto de guitarras docompositor e guitarrista cubano Eduardo Martín, con quen tiveron o pracer de compartir uns marabillosos días estudiando a súa música, e brindaron concertos na Casa del Alba Cultural de La Habana e na Unión de Escritores e Artistas de Cuba.

Actualmente, encóntranse na etapa de gravación do seu terceiro disco nos Estudios Zanessi de Mendoza.


Web: https://www.cuartetoecos.com/

Instagram: https://www.instagram.com/cuartetoecos/

Facebook: https://www.facebook.com/EcosCuartetoDeGuitarras/

Twitter: https://twitter.com/cuartetoecos

Youtube: https://www.youtube.com/user/ecosguitarquartet