image DANI BARREIRO¬FRIENDS

Dani Barreiro & Friends

POP-ROCK

 

Preséntase como Dani Barreiro & Friends e o de Friends vai polos que están enriba e abaixo do escenario, e unha “reunión de amigos que comparten e celebran a música”.

O que ocorre e que agora en lugar de facelo no salón da súa casa -ou de casa allea- o fai en Bares, Terrazas, locais de copas, salas de concertos e festivais pero coa mesma filosofía, desenfado e sentido do humor. O repertorio e sobre todo dos grandes éxitos do Pop español, dende os 70, 80 ata hoxe… Dende Loquillo, Gabinete Caligari, Duncan Dhu, Andrés Calamaro, Quique Gonzalez, Coque Mall, Joaquin Sabina pasando por Rosendo, Burning ou los Secretos, Andres Dobarro…e variando o seu ecléctico repertorio constantemente incluíndo clásicos internacionais de diferentes artistas coma Johnny Cash, Neil Young, Neil Diamond, REM, Waterboys, Depeche Mode, Rolling Stones, The Beatles,etc.. En cada show rodéase de bos “FRIENDS” coma Miguel Pérez ao Baixo, Ruben Ruíz á guitarra eléctrica, Roberto Barreiro á batería e como non, aparte destes, sempre pode saír a escena algún que outro Friend espontáneo ou convidado sorpresa…E sempre que cadre en horario infantil nunca esquece facer algúns temas para o público mais miúdo.