davidlojo-quartet

David Lojo Quartet

JAZZ

Banda de Jazz liderada polo trompetista e compositor David Lojo Ces (Boiro, 1993), respaldado por Daniel Díaz (Batería), Pablo Pérez Sanmamed (contrabaixo) e Iago Mouriño (piano).

A súa música está influenciada polas grandes personalidades e xéneros da historia da música jazz, levando en ocasión a fusionalas coas diferentes músicas do mundo.

Cabe destacar o emprego de compases e rítmicas irregulares para levar a cabo ditas fusións, que xunto con compases máis propios e tradicionais do jazz e das músicas populares, crean unha amalgama de sensacións
fresca e única capaz de chegar dende, a un novo público que comeza a descubrir este tipo de música, ata un público máis experimentado, con un único propósito: pola paz no mundo.