García Mc con Dj Mil

García Mc & Nación Quilombo

HIP HOP

É un referente do Rap en Galicia que o levou a mergullarse nunha iniciativa que comeza no Womex 2016 en Santiago de Compostela: A Nación Quilombo. Está a lanzar sinxelos con videoclip dende comezos de 2017. Ten alma de comunicador, de divulgador e de embaixador cultural ademais de ser educador independente impartindo obradoiros e conferencias de cultura Hip Hop dende fai máis dunha década.

Ten a súa pegada en ducias de discos de grupos eclécticos da música galega contemporánea. Musicou poemas de Celso Emilio Ferreiro en clave rapeira e formou parte de Dios Ke Te Crew e a Banda Fura Fura (Homenaxe ao Zeca Afonso).

Levou o seu Rap en Galego a lugares como Dinamarca, Guiné–Bissau ou Portugal. Entende a música como unha ferramenta máis de intervención social e ponte entre culturas.