Gold&Colt

Gold & Colt

FOLK AMERICANO

Gold&Colt son o referente do folk americano en Galicia, unha banda que nos fará viaxar alén do Atlántico. Nos seus directos pódese apreciar o seu bo gusto polo son acústico, no que non faltan instrumentos típicos da cultura americana, como o dobro, o banjo ou o cigarbox-guitar. No ano 2016, o grupo realizou máis de corenta concertos actuando nas salas e festivais máis importantes de Galicia, como a Sala Karma, Aturuxo, Sala Son, Son Rías Baixas, Surfing The Lerez Festival… E neste 2017 publicarán o seu segundo LP.

Formada por Dany Moure (1000 Demos Blues Bans), Roberto Fernández (Tractor Troy), Juyma Estevez (David Regueiro Swingtet, Juyma Estevez Jazz Trío) e Michi Castro, o catro músicos xúntanse no ano 2014 co único propósito de interpretar cancións da nai de todas as músicas modernas, o blues. Co paso do tempo e máis de cicuenta concertos o grupo vai evolucionando e medrando, creando o seu propio repertorio e afianzándose máis no seu estilo, o American Folk.

Bandcamp https://goldandcolt.bandcamp.com/releases

Youtube https://www.youtube.com/channel/UCsNzF-sNaxFj1wq-xFRvLeA