Good Luck Charm foto Publi

Good Luck Charm Band

SWING

Good Luck Charm (“Encanto de boa sorte”) é unha banda que basa seu repertório no antigo e bo jazz dos anos 20, 30, New Orleans e algún toque máis moderno e festeiro!

A “Época de Ouro” ! A época cando se vivía intensamente… A época da prohibición do alcohol, época de soños e moita esperanza…De dúbidas e incertezas…De intensos amores e amizades…Hollywood, Broadway…O “Carpe Diem” era lei!

A banda sonora deste panorama, a que embalaba os soños, a alma e os corpos dos que buscaban a felicidade era nada máis nada menos que grandísimos mestres coma: Benny Goodman, Duke Ellington, Louis Armstrong, Frank Sinatra, Chick Webb, Count Basie, Ella Fitzgerald, só por citar algúns dos máis importantes…

Por outro lado para variar un pouco máis teñen a opción de engadir algúns temas máis modernos, alegres e bailongos tamén co toque jazz. Temas coma The Chicken (Pee Wee Ellis , saxofonista de Jmes Brown) e Mercy, Mercy, Mercy (Joe Zawinul).

GOOD LUCK CHARM BAND é: Pla Vinseiro (Voz e Guitarra), Paulo Silva (Batería), Gines Guerra (Trombón) e Lolo Martínez (Tuba).


https://www.youtube.com/watch?v=YU7W8jOrfG8

https://www.youtube.com/watch?v=KV8xZxDFQw0