ELECTRÓNICA / POP

HAEMA é música do fondo do mar, dos pantanos de cimentos e caos e dos cumes das montañas. Cruza o jazz con diversos universos musicais, sendo lugar de compartimentos infinitos que se ligan por grandes portas de madeira, sen corredores.

É casa itinerante que se transporta no sangue pulsado por dúas viaxeiras que partillan experiencias sonoras, munidas dunha parafernalia de obxectos sibilantes.

HAEMA nace en 2013, no cruzamento de varios uninversos musicais, como laboratorio de experiencias sonoras. Mestura de electrónica, dream pop e glitch, procura sempre o lado orgánico na creación ou redescoberta musical, moitas veces coa utilización de gravacións sonoras capturadas en ambientes reais, onde os músicos e ouvintes partillan memorias auditivas conxuntas.

Diana Cangueiro: teclados, electrónica

Susana Nunes: voz, sahi, electrónica

soundcloud.con/wearehaema