hotclubofspain

Hot Club of Spain

JAZZ

É unha formación encadrada no mundo do jazz que interpreta un estilo que posúe unha personalidade moi propia, o Jazz Manouche, un estilo inspirado na herdanza musical dos manouches, é dicir, dos xitanos de Francia e Centroeuropa. O jazz manouche é unha mestura do jazz americano dos anos 30, o Music Hall francés e o folk dos países do leste de Europa. Posúe un lánguido e seductivo “feeling” caracterizado por cadencias, ritmos e tempos rápidos.

Está formado por Juan Arenales “Sandman”, Titi Bamberger, Alberto Penoucos, Karin Van Kooten e Enrique Lafuente.