Komodo

Komódo

ROCK

Komódo é unha formación que xorde a finais do 2015 en Santiago de Compostela. Catro músicos experimentados da escena musical galega deciden unir as súas forzas en busca dun novo proxecto en común no que un repertorio completo de temas propios son a súa base: Javi Gradín á voz e harmónica, Manuel Gómez á guitarra e coros, Pablo Bello no baixo e Likal na batería.

O estilo da banda nútrese de múltiples influencias, destacando principalmente o hard rock, pero bebendo doutros estilos como o funk ou o blues máis clásico, buscando crear espazos para a experimentación e improvisación. Musicalmente, as guitarras debuxan riffs e acordes suxeitados e apoiados pola base rítmica, erixindo unha densa nube entre a cal se abre paso a voz. As letras tocan diversos temas, desde crítica social a outros máis introspectivos e persoais.

O verán pasado, a banda comezou a súa actividade no circuíto de salas e bares de Galicia, destacando a súa participación no Festival Noroeste Estrela Galicia 2016, compartindo cartel con bandas como Editors e Ocean Colour Scene, entre outros. Actualmente, Komódo atópanse preparando a gravación do seu primeiro EP.