IMG-20171205-WA0005

Los Fabulosos Weekend

ROCK

Los Fabulosos Weekend é unha banda de pop-rock creada en Santiago de Compostela en Agosto de 2016. Está integrada por Chama Rios na guitarra solista, Gonzalo Sende na guitarra rítmica, Alfonso Espiño ao baixo, Jimmy Failde na batería e Manuel Manquiña na voz principal.

Posúen un gran repertorio de temas propios e divertidísimas versións de formacións inglesas dos anos 60’s-70’s, como  The Beatles, Rolling Stones, The Troggs, Dr. Feelgood, The Turtles, T. Rex e un largo etc.

As súas actuacións en directo son potentes e participativas cun público entregado ao show e ao baile.

A súa estrea produciuse o 14 de Xaneiro de 2017 na Sala Capitol de Santiago de Compostela. Actuaron por toda a comunidade galega, en cidades como Vigo, Pontedeume, Baiona, Santiago de Compostela, A Coruña e Ourense; e tamén en festivais como o Ribeiro Blues de Castrelo de Miño.