27021490_163747870936183_9050535801326983432_o

Los Ladridos

GARAGE

Los Ladridos é unha banda de garage e rock&roll enxendrada nas profundidades de Simes polos irmáns Lorre, G. King e Twin B no verán de 2017. A excelencia e clase das teclas mestúrase coa enerxía e actitude das cordas eléctricas e a contundencia garaxeira da percusión, dando como resultado un show dinámico e potente con algunha pincelada de soul a modo de respiro.