rockin corsarios2 (2)

Lou Reyes con Los Rockin’ Corsarios

ROCKABILLY, COUNTRY, RANCHERAS, PASODOBLES

Los Rockin’ Corsarios debutaron como tal banda no Feito A Man 2014,  aínda que os seus compoñentes tocaron xuntos moitas veces ao longo do tempo. Contan con cancións publicadas na REd ademais dun disco incluído na recompilación His-Panic Stomp. Forman un cuarteto de batería, contrabaixo e dúas guitarras con voz solista. Los Rockin’ Corsarios fórmano músicos con moita experiencia – M. Tellería “Lou Reyes” empezou a gravar discos a finais dos 80- e formando parte de bandas como Lou Reyes, Lou Reyes & Los Astros, Degüello, Dr. Gringo etc., cos que gravaron e xiraron por todas partes, Europa e illas Británicas incluídas. Cuarteto de rockabilly, cincuenteiro pero tamén teddy boy e ecos country, pasodoble, etc.  Cantan en español historias propias.

A banda compóñena:

  • Marcos “Lou Reyes” Tellería……voz solista, guitarra de ritmo
  • Héctor Rivero Tellería…………….contrabaixo
  • Germán Prieto………………….. .guitarra eléctrica
  • Fran Facal…………………………..batería