31695719_2016174705312886_7360080430596358144_n

Los Vagos de Lalín

ROCK

Los Vagos de Lalín defínense como de “rock ortodoxo”, lonxe das modas e as formas, pretos ao que se entendía como pop-rock nos 80.

A filosofía da banda é pasalo ben e facer pasar ben a eles mesmos e ao seu público interpretando para iso cancións dun repertorio propio que, anque descoñecidas para o gran público funcionan sorprendentemente ben en directo.

Músicos experimentados regresaron aos escenarios co disco “La gran resaca” e realizando a banda sonora da película de Román Gutiérrez “D.E.P.”.

Actualmente están presentando o seu terceiro disco “La gran vida” (2018) que ven a pechar a súa triloxía despois dun intenso 2017 presentando “La gran pelea”, con máis de 50 concertos.

http://losvagosdelalin.webnode.es/