chapa2_imprenta

Los Wavy Gravies

ROCK’N’ROLL, SURF

Con antecedentes en bandas como Los Hijos Bastardos de Peter Lorre ou The Allnight Workers, os irmáns Martín (Rufus El Guarro) e Jorge Lorre comezan un novo proxecto, coa idea de facer dos seus concertos auténticas celebracións del Rock’n’Roll, onde o frat, o surf instrumental, o garage ou incluso o punk teñen una cita ineludible coa diversión e o sentido do humor. Para iso recrutan para a causa a Ivan “Koko” Soutiño (Toxic Patrol, Breakin’ Bones, Pegas Negras…) ao contrabaixo.

En xuño do 2018 editan o seu primeiro traballo, o Lp “Kings Of The Underground” co selo Family Spree Recordings, presentándoo por moitas cidades españolas, a finais de ano inician a súa primeira aventura europea, da man da axencia de booking italiana Corner Soul, tocando en diversos lugares de Suíza e Italia.

Tamén a finais de ano aparece a súa canción “I Stay Away” como unha das 100 favoritas do programa de RNE “El Sótano de Radio 3”.

Neste 2019 editarán un single co selo holandés “Monster Mash Records” ademais da súa segunda referencia con Family Spree en forma de Lp.

Nos seus directos ademais dos seus temas poderás encontrar versións de grandes clásicos de xente como Link Wray, Bo Diddley, Flamin’ Grovies ou Screaming Lord Sutch…

¡¡¡¡Se queres unha festa tola de Rock’n’Roll Los Wavy Gravies son a túa banda!!!!


Facebook: https://www.facebook.com/loswavygravies/

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCtcu8O4lfGfSOIsxNR4N-Nw