luizcaracol

Luiz Caracol

POP / CANCIÓN DE AUTOR / MÚSICAS PORTUGUESAS / AFRICANAS (PORTUGAL)

O cantautor portugués Luiz Caracol é un dos valores emerxentes da música do país veciño. Ten colaborado con grandes da música lusófona como Sara Tavares, Jorge Palma, Pierre Aderne, Aline Frazão, Susana Travassos, Manecas Costa, Fernanda Abreu, Uxía ou Tito Paris. Foi un dos protagonistas da última edición de Cantos na Maré, o Festival Internacional da Lusofonía que se celebra cada ano en Pontevedra.

El define a súa música como “o reflexo do que eu son e da miña orixe: a mestizaxe, a urbanidade e a mestura”. Publicou o seu primeiro disco en 2013, ‘Devagar’, contando con participacións especiais como Fernanda Abreu, Jorge Drexler ou Sara Tavares. Xirou con este traballo por palcos de Portugal, do Brasil, da Europa e de África. Este primeiro traballo estivo entre os discos máis vendidos da FNAC durante un mes. Agora está inmerso na gravación do seu vindeiro traballo, ‘Metade’, que verá a luz a comezos de 2016.

Músico, cantor e autor portugués, mestura a música portuguesa coa dos países africanos.  Luiz Caracol naceu en Elvas, cando seus pais acababan de chegar de Angola, onde vivían antes da independencia deste país. Por iso foi criado dende cativo nun ambiente de mestura cultural, rodeado de xentes que tiñan tamén regresado a Portugal dende Brasil e África despois 25 de Abril. Toda esa mestura de culturas acabou por ter unha forte influencia nel.

http://www.luizcaracol.com