madrid hot jazz band 1

Madrid Hot Jazz Band

HOT JAZZ, SWING

Madrid Hot Jazz Band recupera o repertorio e o espírito da música tradicional de Nova Orleans. Un colectivo de músicos italianos e madrileños namorados daquel vello son “vintage” dos anos 20 e 30. Unha música alegre e espontánea para todos os públicos, baseada na rítmica swing e na improvisación colectiva, ca súa instrumentación orixinal. Co tempo, a banda especializouse en tocar para bailaríns de Lindy Hop, Balboa e Blues.

O grupo fórmase a principios de 2015; dende a súa mesma creación, a banda empeza a realizar actuacións en todo tipo de escenarios e eventos, entre eles a XI edición de Las Noches Bárbaras no Círculo de Bellas Artes de Madrid; o Madrid Lindy Exchange ou o Ferrara Buskers Festival, festival internacional que dende 1987 se celebra en Ferrara (Italia) e ao que Madrid Hot Jazz Band acude como banda invitada.

A banda produce e edita en xullo de 2015 o seu primeiro disco: That HOT Summer of ’15, e en 2016 o segundo: Some Like It HOT!! nese último expandindo a formación a outros instrumentos: trompeta, voz e washboard. Dende entón, MHJB seguiu actuando con regularidade, particularmente en Madrid, onde o grupo se converteu en pouco tempo nun referente da escena swing.

 

Madrid Hot Jazz Band está formado por:

Daniele Grammauta: saxo tenor/soprano

Marcos Prieto: clarinete

Daniel Cabrera: banjo

Paolo Furio Marasso: contrabaixo

Kike Gil: batería/washboard