manuelgutierrez-cadrada

Manuel Gutierrez Trío

JAZZ

Manuel Gutiérrez (Sumrrá, entre outros) presentará temas do seu novo disco, ‘Norte’. O pianista afirma que este é “sen dúbida o meu proxecto mais persoal”. Nel conviven improvisacións, composicións sen marxe para a improvisación, e temas próximos ao jazz no aspecto formal. A primeira gravación que recolle esta experiencia foi no Auditorio de Galicia, en dous días consecutivos. Neste primeiro traballo van incluídas dúas improvisacións, dúas composicións inéditas, e dous temas que tiña gravado xa con Sumrrá, pero que quería gravar a piano só.

Manuel Gutiérrez (Ferrol, 1963) é un pianista fundamentalmente autodidacta, aínda que habitualmente participou en seminarios, clases maestras e particulares de piano, harmonía  e composición, con profesores como: Bill Dobbins, Dave Schnitter, ou Barry Harris, no ámbito jazzístico, e cos directores de orquestra Rafael Rodríguez Camacho e Joan Ensenyat, entre outros.

A súa carreira profesional abrangue desde o rock, folk, world music, blues, jazz,  ou as gravacións como músico de sesión, ata a composición de música para teatro ou documentais. Tocou en festivais en España, Portugal, Francia, Marrocos, Bulgaria, Suíza, Sudáfrica,Bolivia, Corea Do Sur, México, Guatemala, El Salvador, Nicaragua, Honduras e China.

Na actualidade traballa fundamentalmente con Sumrrá, xunto a Xacobe Martínez e LAR Legido, e como profesor de piano e combo en Estudio Escola de Música. Ten publicado outro disco co seu trío (‘Unexpected trip’) tres discos con Maite Dono e seis con Sumrrá, ademais doutros con Terela Gradín, Marcelino Galán, Víctor Aneiros, Roberto Somoza ou Marcos Pin, entre outros.


Web: https://www.manuelgutierreziglesias.com