IMG-20190717-WA0043 (2)

Mascada

GRUNGE, HARDROCK

Mascada é un disparo de francotirador directo á cabeza de cada oínte. Balas de decibelios e graves proxectados por un baixo e unha batería ao sinal de dúas voces gritando verdades. Simple e complexo, minimalista e completo, unha máquina de tirar muros e despeitear puretas.

Influencias do grunge do hard-rock, do garage, do funk… pero, sobre todo, do ecosistema musical que os rodea, do que levan participando case unha década a través dun bo puñado de bandas.