29598006_1873526932669131_2954469845578535441_n

Mazmorra

TRANCE POP, TRIP HOP

A música de Mazmorra afástase do previsible e empurra ao oínte cara un territorio descoñecido, onde a mente lévase de viaxe ca promesa de raras xeografías e folclores fabulosos. O traxecto, estimulado polo intenso latido rítmico, os conxuros da voz e esas máquinas que parece que chirrían, terá algo de sufocante ritual de feiticería, de visión febril, de misterio selvático e tropical. E no cuarto mundo de Mazmorra, o baile volverase exploración e introspección, unha liturxia alucinada que trata de desvelar o oculto.