69423_144162202428773_2099967640_n

Napalma

FUNK AFROBRASILEIRO

Trátase dun proxecto nacido da fusión entre as músicas e as culturas brasileiras e africanas. Creado en 2004 durante o carnaval en Vitória (Brasil), levan xirando dende entón por varios continentes. O seu espectáculo é o resultado da mestura de grooves electrónicos poderosos coa percusións, os ritmos que proveñen da herdanza afrobrasileira e as voces en portugués, inglés e shangaan (Mozambique). Ivo Maia e Cid Travaglia traeránnos os sons do seu último álbum, “A big funky family”.