Nastasia__HDD

Nastasia Zürcher

SOUL, FUNK,GROOVE

A cantante e compositora galego-suíza segue subindo chanzos e lanza o que xa é o seu segundo álbum de estudo, “Beat”.

10 temas, 10 maneiras de mover o corpo. De onda moderna e groove descarado, o novo álbum da vocalista galardoada cun Premio Martín Códax dá Música (Galician Music Awards) na categoría de Música Negra (e nomeada tamén este ano na categoría de Músicas do Mundo), flúe por estilos como o Neo Soul, o R&B contemporáneo, e as chamadas Músicas do Mundo interpretadas aquí na súa vertente máis persoal, dando vida propia a un disco ecléctico e diferente, cunha producción grande e coidada sobre a que repousa a xa inconfundible voz de Nastasia.

En plena xira de presentación deste segundo Long Play, composto unha vez máis enteiramente por composicións propias, Zürcher rodéase de músicos de primerísima liña na súa chamada vira de concertos “The BEAT Tour”, un potente, elegante e vivo directo que é pura boa onda e transfusión de actitude positiva.

Aséntase con este dinámico disco unha carreira profesional baseada no bo facer e a liberdade creativa absoluta, perfilándolle a esta completa artista unha proxección nacional e internacional coa que seguir compartindo a súa arte e persoal maneira de facer sentir a Música.

WWW.NASTASIAZURCHER.COM