TRIP-HOP / BLUES / JAZZ / POP

Néboa somos un quinteto formado por músicos de Compostela, Arousa e Vigo. Despois de máis de catro anos estreamos o noso primeiro traballo, titulado ‘Antes da tormenta’.

En ‘Antes da tormenta’ están as cancións que cremos que máis se asemellan ao son que andabamos buscando (e que seguimos a buscar). Un total de seis temas nos que tratamos de buscar un punto intermedio entre as músicas que máis nos gustan: o trip-hop, o blues, o jazz, o pop…

O título do ep ten que ver coa sensación que nos produce tocar xuntos. Unha música contida e introspectiva, en calma pero alerta, dispostos a desencadear en calquer momento os relámpagos e a chuvia. Exactamente coma nos compases antes de que a tormenta estoupe, cando todo está sumido nunha misteriosa calma. Por iso, case ao final do disco soa Unha palabra túa (muiñeira), onde se escoita unha especie de diluvio universal.

Gravamos estas cancións nuns calorosos días de agosto en Litium (Pontevedra) con Brais Ruibal, que tamén fixo a mestura na súa casiña. Foron masterizadas por David Martín e Javier Nieto en Estudios Dobro (Valladolid). A portada, o logo de Néboa e deseño do álbum corren á conta do artista vilagarcián Pablo Moledo.

Néboa son:

– Aloia López: voz e coros.

– David Puime: batería

– Jacobo García: baixo, sintetizadores e kaossilator.

– Tomás Porteiro: guitarras eléctricas e coros.

– Lucas M. Suárez de Centi: vibráfono, percusión, teclados e programacións.