FB_IMG_1529667443730

Os da Porfía

TRADICIONAL

 

“Os da Porfía” está formado por dez rapaces: David Valladares, Manuel Pardo, Miguel Do pazo, Marcos Botana, Mario Sosa, José Codesido, Fernando Saavedra, Fabian Galban, Manuel Pereira e Alberto Santos que, aínda que procedentes de diferentes estilos musicais, están intimamente ligados á música e ó baile tradicional do noso país.

O grupo fórmase no ano 2016 en Santiago de Compostela ó coincidir case tódo-los seus integrantes nunha das agrupacións folkloricas da cidade “Brincadeira”.

A súa música bebe na tradición, dun traballo de recuperación de ritmos rescatados da memoria de fiadas e seráns, de camiños á romerías….

Mulleres e homes que mantiveron e manteñen vivo este patrimonio que nos é legado.

Voces novas para seguir cantando e bailando vellos recordos, grandes tesouros.