pablosanma

Pablo Sanmamed Trío

JAZZ

Comenza a funcionar no 2015, este trío presenta un repertorio integrado por unha maioría de  composicións propias como unha revisitación de obras de  compositores  coma o exipcio Ibrahim Al Aryan (Samai Bayati) ou Ariel Ramirez (Alfonsina y el mar)

Este trío esta integrado polo pianista Iago Mouriño e o batería Bruno Couceiro que temos tocado no Ciclo 1906, ademáis de diversos locais. En outubro deste ano publicarán un disco con este proxecto, gravado e misturado por Ramón Campos.

Está liderado por Pablo Pérez  Sanmamed (contrabaixo), contrabaixista e compositor de  fonda formación e ampla traxectoria profesional. A súa dilatada produción compositiva abrangue música para teatro, cinema, danza, publicidade e audiovisual en xeral.

Ten gravados 67 discos e/ou DvD que inclúen gravacións con Germán Coppini, Tsukiko Amawaka, Mark Sanders, Fred Frith, Banda Crebinsky, 3  azoteas, Carlos Martín, Fía na Roca,  Triatone, Paraphernalia, SPJ, ou OMEGA entre outros.

Participou en numerosos festivais,coma o WOMAD na edición de Tenerife e Santiago, Festival Internacional de Jazz de Getxo, Jazzaldia de Donostia-San Sebastián, o SONAR, Festival de L´Orient,   Intercéltico de Glasgow, ou o Festival Internacional de Panamá entre outros.

https://www.youtube.com/watch?v=ErZUNrA2beg&index=2&list=PL7MMSqq0OwkX-vuSuZBfxoZcWJWYS12xq

https://pabloperezsanmamed.tumblr.com/