pabloseoane-jmdiaz

Pablo Seoane & José Manuel Díaz

JAZZ

Dous grandes do jazz galego: Pablo Seoane (piano) e o cubano de orixe José Manuel Díaz (contrabaixo). Este dúo de jazz presenta un repertorio que levamos xa certo tempo tocando e probablemente gravemos en breve. Os dúos son formacións moi interesantes porque permiten un tipo de comunicación sutil entre os músicos que a miúdo se perde en formacións máis grandes. Os que cren que a un dúo de contrabaixo e piano fáltalle algo quizá non reparasen o suficiente en que ambas as máquinas son (tamén) instrumentos de percusión, dito sexa con todo o respecto ás baterías, unhas persoas estupendas en xeral.