JAZZ / FOLK / BLUES / RAÍZ

Despois de formar parte de bandas como The Allnight Workers ou The Loveless Cousins, Néstor Pardo cólgase a guitarra eléctrica para emprender o seu proxecto máis persoal, PARDO.

Baseado nas súas dispares influencias entre o early jazz, o folk americano, o blues e as músicas de raíz, decide rodearse de grandes músicos que lle acompañan na súa andaina co piano, a batería e o contrabaixo.

Con esta aposta, Pardo consegue un conxunto perfectamente sintonizado, o cal logra captar a atención do público a través das súas melodías e do carácter apaixonado e a posta en escena do propio Néstor. Pardo fai que cada tema sexa especial, engadindo unha gran personalidade e carisma que desprende sobre cada escenario, ofrecendo o mellor del mimo, e de o que lle move nesta vida, a súa paixón, a música.

Co seu último disco “Siento no haber sido lo esperado”, Pardo volve deleitarnos con melodías coidadas, letras cheas de verdade e ritmos con sentimento, fan que este disco sexa o seu mellor traballo ata o momento.

www.pardoacoustic.com