pedro cartel tradicional final rgb

Pedro Luís Ferrer & Lena Ferrer

MÚSICA POPULAR CUBANA

A renovación da tradición foi o seu propósito estético-musical nestes anos, nutríndose de todas as esencias que o antecederon: Trova tradicional, Canción, Guaracha, Filin, Neofilin, Nueva trova;  así como do enorme arsenal festivo-bailable incesante na illa de Cuba; e sempre dende a intención recreadora que non se limita a calcar as fórmulas pasadas e vixentes. Aberto á inesgotable fonte da música universal. Pedro Luís Ferrer está acompañado pola súa filla, Lena.