shoogle1

Shooglenifty

Folk-rock – Escocia

Shooglenifty formouse en 1990 por músicos das Highlands, da illa de Orkney e de Edinburgh. A súa idea era fusionar melodías tradicionais cos ritmos dunha chea de influencias contemporáneas. Eles están tan felices tocando nunha aldea das HIghlands como nun festival con ducias de miles de persoas. E dun ou doutro xeito, os Shoogles teñen levado a música escocesa por todo o mundo durante máis de 25 anos.

Habituais de festivais de world musica de todo o mundo, en 2016 foron elixidos a mellor banda por parte da revista especializada Songlines. Co seu sétimo disco, ‘The Untied Knot’, Shooglenifty ten xirado por toda Europa e Oceanía.

En outubro de 2016 a banda perdeu ao seu violinista, o carismático Angus R. Grant, o que os levou a coller unha pausa na súa xira. A partir de entón sucedéronse os concertos tributo ao seu ‘frontman’, tendo especial importancia o concerto no Celtic Connection deste ano no que participaron máis de 60 músicos de todo o mundo (a Banda das Crechas incluída).

Neste 2017 reagruparanse e están a rodar un documental sobre a banda e a influencia de Angus na música escociesa dos últimos 30 anos. Ademais, gravarán o seu oitavo álbum de estudio na India.