somdogalpon

Som do Galpom

FUNK / REGGAE / RAP

Grupo orixinal e heteroxéneo que mestura diferentes estilos musicais; a súa particular aposta vai dende o funk ata reggae pasando polo rap! Rap orgánico lle chaman… Veñen dende A Moninha, unha aldea perto de Compostela, e levan uns cantos anos percorrendo Galiza e a Península amosando o seu directo!

A súa discografía está composta por dous traballos de estudo: ‘Em terra de ninguen’ e ‘A Galinha de Troia’. Na actualidade voltan aos palcos despois dunha breve paréntese e con máis enerxía ca nunca.

Compoñentes:

Gael Bassave (voz)

Brais Bassave (violino)

Javier Miranda (guitarra e teclados)

Iván Bernárdez (baixo)

Pablo Rey (batería)