16425915_361237384263430_1347845679064308071_n

Soul Maxín

SOUL, FUNK

Soul Maxín é unha banda de música soul que nace en novembro de 2016 na cidade de Compostela. As influencias musicais da banda abranguen grupos e artistas como Sharon Jones & The Dap-Kings, Freedonia, Etta James ou Sam Cooke entre outros. Aínda que se definen como unha banda de soul, o grupo ten influencias musicais diversas, xa que os membros da formación tiveron experiencias previas noutros grupos de estilos moi dispares coma o rock, o blues, o pop ou o jazz. Durante este tempo a banda comezou interpretando versións e creando temas propios co desafío da creación cooperativa de cancións en galego. A día de hoxe conta cun repertorio extenso formado por temas propios e versións. En novembro do 2017 reciben o 1o premio no certame para bandas emerxentes Outra+Outra organizado de forma conxunta polos Estudios Mans, a Fundación Paideia Galiza e a Deputación da Coruña. Dito premio permitiulles gravar o seu primeiro E.P. nos Estudios Mans, o cal teñen previsto presentar nas distintas salas da xeografía galega ao longo do 2018. Foron tamén finalistas do concurso Eclosom I organizado pola Gentalha do Pichel.

 

Os integrantes da banda son os seguintes:

Catuxa Magán: Voz e teclados, Fer Villa: Guitarra, Aitor Garuz: Batería, Yolanda Martínez: Baixo, Julio Lens: Saxo alto e teclados, Estevo Lemos: Trompeta, Alexander Philip: Saxo tenor e Pablo Reboleiro: Saxo alto e barítono.

 

https://www.facebook.com/Soul-Max%C3%ADn-361230924264076/

https://www.instagram.com/soulmaxin/