Dossier Sr.Salvaje (1)

Sr. Salvaje

ROCK – PSYCHODELIA – BLUES

Sr. Salvaje aparece a finais de 2019 coa electricidade e a espontaneidade das bandas de Hard Rock de finais dos 70s. Sumándose Á Old New Wave do rock estatal que empeza a gañar forza nos últimos anos; utiliza enriba do palco a formación clásica de power trío, cada vez menos común.

Con aires que lembran a bandas míticas como Bad Company, Cream, Led Zeppelin, Free ou Mötorhead pretende conectar co rapaz que cada un levamos dentro para hacer unha festa de Rock N ́Roll en cada concerto.

A “nudez” no son implica unha potente conexión entre os músicos enriba do palco. É enerxía en estado puro. Con certos escarceos coa Psychodelia e co Blues xorde esta resposta ao cada vez menos analóxico proceso de facer música en directo, converténdose así nun bastión de resistencia do estilo: prácticamente xurásico e con actitude, preto da xente.