stormy

Stormy Trucks

ROCK’N’ROLL

Stormy Trucks nace en outubro de 2018 e, na súa relativamente curta traxectoria, xa tocaron intensamente por gran parte da xeografía galega, participando na edición 2019 da Rede Galega de Música ao Vivo da AGADIC, con concertos en salas como A Ventana, Sala Son, La Pecera ou Moon Music Club.

Os Stormy tocan rock’n’roll cru e directo, puro son e diversión, sen concesións. Sen trampa nin cartón, á vella usanza dos tríos clásicos deste estilo, combinando temas propios con revisións de clásicos.

Neste 2020 están a presentar o seu primeiro disco, “Damn The Storm” (Struck By Lightning, 2020), unha verdadeira descarga de boa música e enerxía, editado o pasado 15 de xuño de 2020,

Stormy Trucks son:

  • Valentín Caamaño, guitarra e voz
  • Duco Miserable, baixo
  • Luke Jennings, batería