DSC02938 (2)

Suelen Estar & The Soul Machín

CONTEMPORÁNEA, SOUL, FREE

Unha selección de temas míticos de Soul, Jazz, Pop e Boleros interpretados polo exclusivo cuarteto de cordas experimental Suelen Estar Quartet, acompañados da singular voz de Pilo Sierra e o recoñecido baterista LAR Legido. A través dos arranxos do compositor Pablo Pérez Sanmamed, feitos en exclusiva para esta formación, a música clásica e contemporánea, a tradicional e de vangarda son fusionadas con temas coñecidos por todas para crear un concerto único.

Para o avó, para avoa, para os mozos, para as rockeiras, para os jazzeiros, para os experimentais, para os clásico, para as modernas, para os nostalxicos, para os románticos, para teus pais, para os colegas, para os cativos…