Imagen1

Superglú

INDIE POP

Superglú é un grupo de indie pop con distintas influencias que nace en 2014. Os seus directos, caracterizados polo bo rollo e a enerxía positiva, están compostos na súa maioría por temas propios, acompañados de versións de todo tipo levadas ao seu terreo (desde Coldplay ata Eddie Vedder, pasando por Van Morrison, Vetusta Morla ou The Waterboys).

Tocaron en escenarios como o Festival de la Luz, o Osa do Mar, a sala Mardi Gras, o BâBâ Bar, ou a ferrolana sala Super8, e telonearon a artistas da talla de Celtas Cortos, Arizona Baby, ou Revólver.

Tras publicar o seu primeiro EP, “Qué bien!”, seguen compoñendo temas novos e traballando nese son potente e enérxico que caracteriza os seus temas.

Compoñentes: Sara Couce (Bixjo, Ukelele, Voz), Miguel Biezma (Guitarra, Teclado, Voz), Juan Basoa (Guitarra), Antonio Rivas (Guitarra, Armónica), Mundo Bakale (Batería).


Facebook: https://www.facebook.com/SupergluOficial/

Youtube: https://www.youtube.com/channel/UCiOGD90Cq4PynS6j5CTmahQ