Imagen1

Tango á rúa

TANGO: MÚSICA E BAILE

Tango á rúa é un proxecto artístico que representa a acción cultural rioplatense. Trátase dunha produción interdisciplinar que xunta danza e música entorno ao tango. Describen, de maneira didáctica, a evolución dende os seus inicios, a finais di século XIX, pasando pola idade de ouro nos anos 40 e 50, ata chegar á vangarda estilística de Astor Piazzolla. Demostraranse as posibilidades musicais e coreográficas dun estilo presente, cada vez máis, no imaxinario de diversas nacionalidades.

Neste show alternaranse, dinamicamente, os estilos fundamentais do tango (milonga, tango e vals) combinando música e música/danza. Á súa vez, gracias ao fío narrativo que exporá a diferencia e particularidades de estilos, compositores e épocas farán partícipe ao espectador de maneira explicativa e instantaneamente práctica.