tanxugueiras-w

Tanxugueiras

Música tradicional – Galicia

Sabela Maneiro, Aida Tarrio e Olaia Maneiro son tres extrovertidas e orixinais voces procedentes de Teo e do Barbanza que en xaneiro de 2016 dan un paso máis no seu soño de amosar na escena musical galega todo o aprendido, recollido e herdado das nosas avoas, dándolle vida ao proxecto Tanxugueiras.

En xuño dese mesmo ano as pandereteiras presentan en San Pedro o seu espectáculo acompañadas de Cibrán Seixo (violín e guitarra) e  Rubén Fernández (acordeón), conseguindo así enriquecer a súa sonoridade.

A simpatía, enerxía e forza de Tanxugueiras sobre o escenario non pasa desapercibida, e durante este tempo xa contan con colaboracións con artistas da talla de Xabier Díaz ou coa Banda das Crechas no coñecido Festival Celtic Connections de Glasgow, de onde saíu un dos seus vídeos convertidos en virais que revolucionou as redes sociais, confirmándoas como grandes promesas do trad feminino e demostrando que a música tradicional continúa a abrir novas fronteiras de son, escena e público.