received_2380261525345905 (2)

The Bongo Club

ROCK’N’ROLL

The Bongo Club realizou máis de 300 shows en 19 países, incluíndo UK, México, USA e, obviamente, a súa terra natal, Suecia. As eternas xiras déronlle a esta enérxica e talentosa banda un seguimento incondicional de fans en toda Europa.

Trátase de rock’n’roll, trátase de entrar ao escenario como o boxeador entra no ring e  o deixa suando 40 minutos despois. Trátase de odiar o teu traballo diario amando cada minuto nun club medio baleiro nun estreito escenario nun soto sen ventás o venres pola noite. Non hai malos concertos, nunca hai unha mala audiencia, só hai unha banda totalmente namorada do que fan e que está destinada a cumprir o seu soño, traballando duro e sendo máis directa que calquer outro competidor.

Trátase de The Bongo Club e da próxima onda de incrible música de Suecia, pero esta vez nun paquete ao que non estabas acostumado.


Web: http://thebongoclub.se/

Facebook: https://www.facebook.com/TheBongoClub

Twitter: https://twitter.com/thebongoclub

Instagram: https://www.instagram.com/thebongoclub/

Youtube: https://www.youtube.com/user/thebongoclubmusic