Resaca Brothers

The Fabulous Resaca Brothers

BLUES

Os Resaca Brothers nacen da combinación de dous factores: as ganas de achegar a súa interpreación do xénero á crecente escena de blues compostelá e, por outra banda, as irrefrenables ansias de festa dos seus compoñentes.

Con membros que teñen unha longa traxectoria na música (en proxectos como The Lakazans, Sinestesia, RuxeRuxe ou a Magnifique Banda dos Homes Sen Medo), os Resaca poden non ser o máis purista dentro do blues, pero sen dúbida son do máis canalla e divertido.