Portada TLD

The last dance

ROCK

The Last Dance é un cuarteto enérxico, que fai música con alma e que se pode expresar coma un susurro para a continuación alcanzar doses de elevada electricidade. Bebe estilisticamente en diversas fontes da familia do rocanroll. Música real e que se remoldea en cada concerto nunha interpretación emotiva das cancións.

Guiadas pola orixinal voz de Pilo Sierra, as cancións expresan desexo, dor e redención, forza e coraxe. Entre a calma e a tempestade, a harmonía e o drama, The Last Dance ofrece un espectáculo ao tempo potente e lírico. E no que tamén é posible e preciso danzar, co corpo, si, e máis co espírito.

 

TLD son:

Pilo Sierra: voz e guitarra acústica.

Kiko Reimúndez: guitarra eléctrica.

Javi Bermejo: baixo eléctrico.

LAR Legido: batería.

 

https://thelastdance.bandcamp.com/releases

https://www.facebook.com/thelastdanceband/