translations

Translations Quinteto

FLAMENCO / JAZZ

Repertorio de músicas aflamencadas de distintos autores e músicas; dende John Lennon ata Charles Mingus por bulerías, fandangos, tangos… Éste quinteto é unha extensión do do Translations trio, que xurde despois da publicación do disco FLAMENCO TRANSLATIONS de Marcos Teira.

Utilizando os ritmos flamencos e a liberdade do jazz para adaptar e reubicar clásicos nunha paisaxe nova e suxerente… Non é flamenco, tampouco é jazz; é as duas cousas e non é ningunha delas…

O quinteto aposta pola escolla escrupulosa do repertorio para que se adapten á premisa dos paus flamencos, así como nos arranxos que coidan e personalizan ca idea de covertir as composicións en pezas novas… Construído a partir dun sólido repertorio, ofrecen un sonido enérxico e delicado, extrovertido e intímo a un mesmo tempo.

ALEJANDRO VARGAS: piano

ISAIAS SALAZAR: baile

ALFONSO CALVO: contrabaixo

MOISÉS FERNÁNDEZ: caixón

MARCOS TEIRA: guitarra